Miña terriña

Pasou o día, pasou a romaría. O día das nosas letras. O día das nosas voces. O día no que recordamos as nosas verbas. Aquelas que nós coñecemos ben e outros…pois non teñen o pracer. O día está ben. Pero eu son galega os 365 días do ano. Por sangue. Por retranca. Por intuición metereolóxica. Por que comer, como de todo e ben. Porque teño pernas de “xovenca”. Porque vaia onde vaia se escoito unha gaita….vou mirar. Porque temos terriñas, temos soutos e castiñeiros. Porque somos terra de auga e de lecer. Porque bailamos. Porque facemos filloas e comemos queixo con pan da casa. E sobre todo…porque temo-lo noso xeito de face-las cousas. Porque nos gustan as pandeiretas e os nosos bosques ulen a fresco. Porque témolo folk; temo-la xente; temo-las praias….temos o mellor da terra e o mellor do mar. Temos un sol que nos sorrí e unha nubes que choran a miudo pero que manteñen todo ben regadiño. Porque somos afortunados de vivirmos en Galicia. Eu non cobro comisión de Gadisa nin da Xunta, pero éche ben verdado que ser….así a todo….seguimos sendo ben ben galegos. Cada día, máis linda, máis linda. Espero que disfrutedes ca festa musical que montara aquí, daquela… Luar na Lubre…fórache moita exihibición musical de dios!

Anuncios

Un comentario en “Miña terriña

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s