As bandas sonoras das nosas vidas

As grandes películas van da man de grandes bandas sonoras. Quén non recorda as melodías de star Wars, ou de The Godfather, The Lord of the RIngs…unha chea de músicas que son fácilmente identificables porque se asocian na mente de xeito casi involuntario. Nembargantes, están aquelas melodías que non sempre asociamos aos filmes pero que dende logo actúan como un potente resorte que nos fan emocionar…porque, non esquezamos que nun filme de acción de non ser por unha música trepidante, perdería toda a súa lóxica e asemade, unha secuencia de amor ou nostálxica asegúrovos que non tería xeiro ningún se se fai en silencio.

E falando de silencios…istes tamén xogan un papel importantísimo dentro dos filmes. As pausas valorativas, e incluso filmes nos que se houbera música, en determinadas ocasións, estarían podres…porque non veñen a nada. Pois ben, exemplos disto, a tutiplén. Gustaríame nestes intres compartires convosco a un director de cine italiano que a min cautivoume dende o mesmo momento no que o coñecín: Bernardo Bertolucci. Un filme moi descoñecido do ano 2000 chamado L’Asedio (Asediada, Besieged). Neste, e non vos vou comentar a peli porque téndela que ver, os diálogos son escasos. As músicas actúan como un guión no que se vai describindo a historia dos protagonistas. Os silencios e as miradas son os conductores da historia e pouco máis fai falla pra convertila nunha historia verdadeiramente fascinante. Velaí vos deixo o link pra que lle botedes unha ollada e unha “orellada”…espero que a desfrutedes tanto como o fago eu.

Anuncios

Un comentario en “As bandas sonoras das nosas vidas

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s