Eduardo Fernández

Baiuca é Noroeste

baiuca.-

substantivo feminino. Establecemento onde se serven bebidas, xeralmente de carácter modesto e popular ou ben de estilo rústico.

Baiuca é un barrio de Arteixo (din os libros, a orixe do pobo).

Baiuca é una aldea de Lugo.

Baiuca significa paseo a carón do regato. Ás veces lastimado polas silvas, ás veces escoitando os tronos de fondo.

Baiuca significa camiñar atrás e adiante. Tocando ca palma da mans o cumio de cada herba.

Baiuca significa mover un pé e outro pé, dun lado ao outro mentres miramos as nubes negras no horizonte.

Baiuca é o raio de luz último que se agocha no luscofusco.

Baiuca son os primeiros gotóns que deixa a nube negra.

Baiuca é rascar o musgo das rochas e meter un bimbio na auga do río.

Baiuca é respirar a terra mollada.

Baiuca é mar bravo e vento frouxo.

Baiuca é pandeireta e cantareiras.

Baiuca é percusión con ar indíxena.

Baiuca é saber aproveitar a materia prima para facer unha receta nova.

Baiuca é chover sobre a pedra da Fundación Luis Seoane.

Baiuca é fume e luces.

Baiuca é galego.

Baiuca é Noroeste. Estivo no Festival Noroeste EG na Coruña e fíxonos vibrar a todos os alí presentes. Moito e ben.

Un comentario en “Baiuca é Noroeste

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s